RECOMPONDO UN PAÍS MAGOADO

19,95 €

En breve

En breve, disponible para pedido


EAN: 9788484876311

Fecha Edición01 - Julio - 2023
Autor/aMANUEL CABADA CASTRO
EncuadernaciónRústica
O lector atopará neste libro un feixe de relatos, propostas, reflexións, denuncias etc, todo el concentrado na reivindicación da Galiza, da súa dignidade, da súa historia esvaecida, da súa propia lingua, da súa liberdade etc. Son, debido a isto, diversos os estilos ou modos de acceder ós contidos temáticos que nel se desenvolven, mais hai sempre un núcleo interno que lles dá a todos eles unidade e parentesco ideolóxico. Porén, dado que os escritos foran xa publicados en diversos tempos e medios de difusión, a diversidade temática recupera en certo modo aquí, neste escrito unitario, concreta coherencia ó seren conxuntamente reunidos agora segundo a orde cronolóxica en que se publicaron. Como, por outra parte, a orixe da que se nutren os concretos comentarios e reflexións é de feito moi diversa, o estilo literario pretendeu igualmente acomodarse a tales circunstancias. En calquera caso, o tratamento das diversas problemáticas e cuestións aquí analizadas non require do lector especiais formación ou coñecementos. Podería dicirse que o que o que con esta publicación se pretende é só unha leve e doada iniciación a estudos máis enxundiosos e demorados sobre unha problemática a do ser ou non ser da Galiza e de nós mesmos- directamente relacionada cos nosos eidos lingüístico, social-cultural e político. Unha problemática, agachada ou non, que abrangue séculos de historia, de azares, de loitas e de mágoas, aquelas que -a teor do título deste libro cómpre sandar e recompor.

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría