O trevo da sorte

12,10 €

En breve

En breve, disponible para pedido


EAN: 9788496128453

Fecha Edición01 - Enero - 2003
Autor/aRomero Medos
Páginas116
Edición01
Ilustraciones cubiertaANA PILLADO
Soubo que era muller dun só instante, e todo o demais era perdido. Instantes que non perduran eternamente, que se esvaen, como se esvae a auga que corre e non é xa a mesma auga nunca. Momentos que non volven, e era absurdo tratar de retelos, porque non é posíbel. Carla soportou os días torturada polos seus propios desexos, e pediu a morte de veras decatándose do que era, e esta chegoulle un día de outono, deitándoa espida sobre da herba. Alí ficaba Carla, núa, serena, coma unha deusa nun cadro de Boticelli, co mirar escuro de desamparo. Carla, soa e espida, gozou canto menos do seu instante final naquel lugar. Fechaba os ollos entregándose mentres dúas folliñas de bidueiro lle caían no ventre, naquel ventre de deusa e de mármore rosáceo, naquela exquisita maneira de entregarse á mesma morte coa vida toda latexándolle nas mans. Entregada, núa, tal e como ela concebira a beleza por primeira vez, naquel outro corpo, na dor da súa visión, no desacougo daquilo que lle atraera tanto, cando ela se iniciaba ao mundo a través duns ollos aínda inocentes, cando a pebida do sentir prendera nela, cando Carla se iniciaba no desexo, daquela, hai tempo, cando non soubo xa saír daquel lugar, atrapada, cando finou en si, cando Carla aínda ignoraba que era xa un ser dun só instante.

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría