ARS NUMERICA

14,00 €

En breve

En breve, disponible para pedido


EAN: 9788494855399

Fecha Edición01 - Noviembre - 2022
Autor/aANTÓN FERNÁNDEZ DE ROTA
EncuadernaciónRústica
Unha antropoloxía do capital ou máis precisamente unha aposta por descifrar a esencia do capitalismo, na que o humano devén en tanto que suxeito e obxecto dos procesos económicos e tecnolóxicos. Esta é a tarefa a contracorrente que asume Ars numerica. Ao longo de dous séculos a crítica mantivose ancorada. Unha e outra vez tentou desvelar os segredos do capitalismo partindo da análise da forma-mercadoria.Mais, que acontecería se o capitalismo fose pensado xa non a partir da mercadoría, senón do propio elemento que lle dá nome ?. Este ensaio cruza a análise de Foucault, emprendida en Les mots et les choses ( As palabras e as cousas), coa crítica do valor. Leva até o presente a arqueoloxía do ser humano no seu dicir, facer e vivir, na linguaxe e na escritura, no traballo e no capital, na súa vida biolóxica e biográfica, para chegar a unha conclusión polémica. Circa 1800 xurdiron como preocuparcións coetáneas a inquietude pola chamada << Morte do Home >> e a pregunta polo capitalismo. Tras diagnosticar a forma do ánthropos que vén logo daquela defunción, Antón Fernández de Rota mostra como as mutacións antropolóxicas, xunto caos técnicas e económicas, derón forma a un tipo de humano que é en por si un capital vivo. O ensaio podería terse tituladoi << Programar e acreditar>>, pois estas son as dúas técnicas fundamentais para o goberno diso que só neste momento histórico merece chamarse capitalismo, posto que unicamente agora se organiza a partir do capital tanto a nivel sistémico como subxetivo. De ahí que non haxa que buscar orixes moi afastadas. O capitalismo é o que vén despois da recente << Morte do Home >>. Somos contemporáneos do seu nacemento.

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría