DE MAR A MAR

21,50 €

En breve

En breve, disponible para pedido


EAN: 9788418567377

Fecha Edición01 - Marzo - 2023
Autor/aFELICIANO ROLÁN VICENTE
EncuadernaciónCartoné
Publicado orixinalmente en Madrid en outubro de 1934, De mar a mar é un extraordinario libro de poemas de Feliciano Rolán Vicente (Vigo, 1907- A Guarda, 1935) que mereceu a gabanza de poetas contemporáneos tan notables como Juan Ramón Jimenéz ou Federico García Lorca. No entanto, trala prematura morte do seu autor aos 27 anos, o poemario ficou varado no mar do esquecemento. O presente volume rescata esta magnífica obra e repara o nome do seu creador.Esta edición bilingüe incorpora unha versión en lingua galega dos textos realizada polo tradutor, poeta e profesor Anxo Angueira. O volume ábrese cun clarificador ensaio de Gregorio Ferreiro Fente e enriquécese con diverso material (imaxes, manuscritos e debuxos) moi descoñecido, cun cadro bio-bibliográfico de Celso R. Fariñas e cos valiosísimos testemuños literarios de Ricardo Carballo Calero e Carlos Martínez- Barbeito, dous intelectuais que trataron a Feliciano Rolán.Os poemas de De mar a mar son <>, en palabras de Lois Tobío. Son versos que nos han de fascinar hoxe coa súa enorme sensibilidade e magnetismo.

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría