LOAIRA

29,95 €

En breve

En breve, disponible para pedido


EAN: 9788484876298

Fecha Edición01 - Octubre - 2022
Autor/aANXO A.REI BALLESTEROS
EncuadernaciónRústica
Laiovento orgúllase de publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S.XX, en que Anxo A.Rei Ballesteros traballou durante dez anos até a dar á luz en 1992. Queremos contribuír así para que texto tan sinalado encontre novos lectores e reciba o recoñecemento que merece. É unha novela radicalmente política e unha apaixonante historia de amor (como enerxía comunicante que transborda as fronteiras entre todos os seres), tamén do amor á Galiza, no seu tratamento de forma qun que vivimos -ou non damos vivido- a vibración do ser comunitario. Escrita nunha prosa espléndida, o Anxo sabe preservar a emoción, unir harmonicamente a comedia e a traxedia e difundir humor ás carradas.Esta Loaira, gobernada polo máis inabalábel respecto ao texto orixinal, corrixe as numerosísimas grallas que tanto desluciron a primeira edición e suxire -en coherencia co espírito antiautoritario (contra o Autor coactivo) do Ballesteros- unha orde de lectura dos capítulos alternativa, a cal toma un texto tradicionalmente considerado dificil dunha novela fascinante,a mellor recreación artística do mundo estudantil de Santiago de Compostela nos inesquecíbeis anos do tardofranquismo e memoria viva das súas pulsións máis imperecedoiras, nomeadamente, a emancipadora esixencia de mudar a vida.

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría