FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN : VIDA E OBRA DUN POETA VALDEORRÉS REPUBLICANO E GALEGUISTA

27,05 €

En breve

En breve, disponible para pedido


EAN: 9788491517825

Fecha Edición01 - Febrero - 2022
Autor/aGURRIARÁN RODRÍGUEZ RICARDO
Edición1
Páginas148
EncuadernaciónRústica
Prólogo de Xesús Alonso MonteroA incipiente carreira poética de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 23-VIII-1903 Fair Oaks, California, 14-V-1987) viuse truncada pola Guerra Civil e a mutilación das liberdades polas que tanto loitara: Xoguei, perdín, calei e marchei. Marchou, pero non calou.Tras integrarse no exército republicano e facer un importante labor en Francia axudando a resolver o destino de milleiros de galegos exiliados, tamén colleu o camiño do exilio mexicano, onde refixo unha vida non exenta de dificultades e compromiso coas liberdades e coa loita contra a ditadura franquista, á vez que mantivo unha postura coherente e non volveu á súa terra ata que as condicións llo permitiron sen ter que agachar a cabeza.En Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés republicano e galeguista, Ricardo Gurriarán ofrécenos un minucioso percorrido pola vida e obra do noso poeta, non exenta de calidade literaria e defensa ideolóxica. A síntese da vida dun poeta valdeorrés, moderno e cosmopolita.

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría