OS HOMES EXPLÍCANME COUSAS

16,00 €


EAN: 9788412097429

Fecha Edición01 - Noviembre - 2019
Autor/aSOLNIT REBECCA (1961-) GONZÁLEZ FERNÁNDEZ MARÍA FE TR.
EncuadernaciónRústica
Edición01
Páginas144
TraducciónGonzález Fernández - María Fe
Neste conxunto de ensaios mordaces e oportunos sobre a persistente desigualdade entre mulleres e homes e a violencia baseada no xénero, Solnit cita a súa experiencia persoal e outros exemplos reais de como os homes mostran unha autoridade que non gañaron, mentres que as mulleres foron educadas para aceptar esa realidade sen cuestionala. A autora narra a experiencia que viviu durante unha cea na que un descoñecido se puxo a falarlle acerca dun libro incrible que lera, ignorando o feito de que ela mesma o escribira, a pesar de que llo fixeron saber ao principio da conversación. Ao final resultou que nin sequera lera o libro, senón unha recensión de The New York Times.Os restantes capítulos tratan temas como unha análise da grande escritora feminista Virginia Woolf, o tópico da dúbida e da ambigüidade, unha investigación moi orixinal sobre a igualdade no matrimonio e unha enquisa aterradora sobre o alcance da violencia contemporánea contra a muller.

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría