MEMORIAS DUNHA VACA MARELA

17,90 €


EAN: 9788494861918

Autor/aEiré López Afonso
Edición01
Páginas240
EncuadernaciónRústica
Fecha Edición01 - Mayo - 2018
Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota....Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida.Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia a explotación industrial.Desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica, desde o pacer no monte, a aparición do pastor eléctrico e a estar todo o día estabuladas, desde a chegada das vacas pintas, á desaparición das vacas marelas."Eu son a única vaca marela, a única vaca da casa que queda no lugar de Lucenza".E A Cachorra cóntao todo con ollos que o viron e sabiduría de telo vivido.Desde os anos que se facían cartos vendendo o leite á ruína dos gandeiros e o peche continuo das granxas.Nesta historia inventada, pero tremendamente real, descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas. Coa mestría de narrador singular que é Afonso Eiré, de quen coñece do que fala e sabe contalo para enchernos de lembranzas. Tamén nos alporiza e nos enche de carraxe... Ou nos fai soltar unha gargallada. A vida mesma, os amos retratados por unha vaca!.A Cachorra fálanos dun tempo que foi e dun tempo que pasa.Memorias dunha vaca marela: o libro que as lectoras e lectores estaban agardando e que nunca esquecerán, pois ollaranse nel, dun xeito ou doutro, retratados.Deixouno escrito Castelao: "O día que saibamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida".

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría